![]() |
ContraTempo |
||||||||||
|
|||||||||||
Consentido é un proxecto sociocultural que nace en Chantada (Lugo) no ano 2002 como iniciativa dun grupo de persoas con ilusión, con propostas enriquecedoras, con soños, que mostran o seu traballo desinteresadamente.
ConSentido convertese así nunha oportunidade para o desenvolvemento dos artistas da localidade e foráneos e a promoción cultural no pobo e do pobo.
Son xente de aquí e de acola . Á riqueza que supón fusionarnos cada dous anos, cada vez mais persoas, mais lugares e aprender todos con todos. Disfrutar , nunha palabra, do moito que podemos dar e recibir.
É a unión de persoas e disciplinas artísticas Teatro_Danza_ Performance _Fotografía_Música_Audiovisuais_Artes Plásticas, para desenvolver un tema común...
O festival consentido naceu co obxectivo de...
- unir ás persoas e ás disciplinas artísticas
- crear unha experiencia de enriquecemento para todos
- entender mellor o mundo no que vivimos
- formación + información
- memoria + innovación.
Para que nas nosas vidas moren sempre a música, a danza, a poesía as artes, o pensamento, e soen e se manifesten con desafío a toda dominación. Porque un día sen cultura morre con déficit...
Grazas a todos por participar...:)